top of page

É obra do compositor alemán de orixe iraní Ramin Djawadi, graduado na Berklee College of Music en 1998.

 

Foi nomeado para os Grammy pola peza para guitarra de Iron Man

Colaborou co coñecido Hans Zimmer en bandas sonoras de filmes como 'Thunderbirds', Batman begins ou 'Piratas do Caribe: o meigallo da Perla Negra'.

 

Foi o compositor da música de películas como 'Blade: Trinity', 'Furia de titáns', 'Hotel Transylvania'...

 

 É o responsable tamén da música de series de TV como Prison Break  e Person of interest.

 

Outra faceta máis recente é a composición para videoxogos, como Medal of Honour: Warfighter.


No campo do cine de animación, compuxo a música de Open Season 1 e 2The Chubbchubbs Save Xmas e unha das pioneiras en 3D: Fly Me to the Moon.  

bottom of page